A Deputación de A Coruña alíase co Leyma Coruña
lll
17º-23º

A Deputación de A Coruña alíase co Leyma Coruña

A Deputación de A Coruña alíase co Leyma Coruña
Valentín González Formoso e o director xeral do Leyma Coruña, Iago Álvarez, amosan as camisetas do equipo laranxa ca promoción turística da nosa provincia | deputación da coruña

Usuario

Valentín González Formoso visitou onte no Pazo dos Deportes de Riazor ao Leyma Coruña. O encontro serviu para dar a coñecer o novo convenio acadado co club de baloncesto que compite na Liga LEB Oro, e co que a Deputación da Coruña se aliou para promocionar o deporte base e a provincia como destino turístico.
 

Formoso, acompañado da alcaldesa de A Coruña, Inés Rey; da deputada de Deportes, Cristina Capelán; do deputado de Promoción Económica, Blas García, e do deputado e concelleiro, José Manuel Lage Tuñas, foi recibido polo director xeral do club laranxa, Iago Álvarez, e saudou un por un a todos os integrantes da plantilla e do corpo técnico. 
 

O presidente da Deputación valorou a alianza formada, xa que o Leyma Basquet Coruña “é unha referencia na cidade e na provincia no ámbito do baloncesto, que fai un traballo fundamental no deporte de base, con máis de 600 rapaces e rapazas que día a día se adestran nas súas escolas nas diferentes categorías. 

 

Queremos axudalos a ser ACB este mesmo ano, quedámonos ás portas nas dúas últimas temporadas e a nosa intención é reforzar ese soño, para iso está a Deputación, para botar unha man e para que se cumpran os soños tanto do primeiro equipo, como da cidade e os dos rapaces e rapazas que ven no equipo unha referencia”, afirmou González Formoso. 
 

Por medio deste acordo, a campaña turística ‘A Coruña. Unha provincia por descubrir’ loce nas equipacións dos xogadores, nas pantallas do pavillón, nas gradas e nas canastras. Formoso salientou que “é unha fórmula magnífica de dar a coñecer a nivel nacional e fóra de España, unha provincia como A Coruña e un país como Galicia, que ten tanto que ofrecer”.

A Deputación de A Coruña alíase co Leyma Coruña

Te puede interesar