Javi Souto: “Tivemos un acerto moi alto e Gardu estivo inmenso”
lll
17º-23º

Javi Souto: “Tivemos un acerto moi alto e Gardu estivo inmenso”

Javi Souto: “Tivemos un acerto moi alto e Gardu estivo inmenso”
Javi Souto (d), no partido da primeira volta contra el Boiro | RAÚL LÓPEZ - DB

Usuario

Javi Souto (Vimianzo, 25 de agosto de 1990) é un clásico do fútbol da Costa. Tras pasar polas canteiras de Montañeros e Ural comenzou un longo periplo que esta tempada tivo a súa parada no Sofán, co que engadiu fronte ao Boiro dous goles máis á súa conta particular. O seu equipo, que xa ten a permanencia garantida, sumou os tres puntos ante un dos rivais máis complicados da categoría, polo que a fin de semana foi redonda.


“Tíñamos claro que era un campo complicado. Tentamos non desfacernos do balón na primeira metade cando dispoñíamos del e en varias contras conseguimos poñernos 0-3 por diante. Eles apretaron tras o descanso e fíxosenos máis difícil sair, porque ao final tamén estás máis cansado, pero a vantaxe serviunos para sumar os tres puntos”, valora.


¿Cal foi a clave da vitoria e o plan táctico do adestrador Pablo Torreira? O dianteiro explicao á perfección: “Sabíamos que xogaban con liña de cinco atrás e o obxectivo era facerlles dano á espalda dos carrileiros. Xogábamos cos interiores abertos e cos mediocentros entre o carrileiro e o mediocentro deles, para recibir balón. De ese modo lográbamos que saltara o carrileiro dentro e que quedaran os interiores un para un. Ao final chegábamos arriba tres para tres: eu como dianteiro cun central e os interiores cos outros dous centrais. Tamén é verdade que tivemos un acerto moi alto e cando entra todo e difícil darlle a volta ao marcador”.


En triunfos como este, no que o visitante sorprende a un conxunto rival sobre o papel máis forte, acostuma a brillar a figura do gardameta. Ante o Boiro non foi unha excepción: “O noso porteiro estivo inmenso, parou varias. Xa contábamos con isto, porque son un equipo que está arriba e xoga no seu campo, que ten ‘mimbres’. Tes que contar co acerto do teu porteiro, que algún balón vaia rozando o pau, etc.”.


Entre risas, Javi Souto recoñece que estivo en todas no partido -fixo dous goles, asistiu a Montero e nun desafortunado rebote á saída dun córner marcou en propia-. De todas esas accións queda co 3-0, pola escuadra, “un deses que che sae un de cada vinte”.


O dianteiro destaca que “nos últimos tres partidos levamos once goles” e sinala o bo traballo dos seus compañeiros no apartado anotador: “Ninguén do noso equipo destaca especialmente na táboa de goleadores, marcamos todos”.

 

Obxectivos

No que respecta aos obxectivos, sinala: “Se podemos quedar quintos que non sexa de sextos. Ao mesmo tempo que nos sirva de preparación para a Copa (da Costa), que temos agora os cuartos de final e o obxectivo e gañala para poder xogar a Supercopa”.


Souto nunca gañou esta competición -perdeu unha final co Soneira- e explica que “un dos motivos polos que decidín fichar polo Sofán foi o de poder quitar esa espiña”.


Como ben comenta, daría acceso á Supercopa Galicia, a cal disputou este ano con bo sabor: “Teño 33 anos e levo 27 xogando ao fútbol. Nunca vivín algo así. Aínda que perdimos a final, o premio foi xogar nun estadio como Balaídos con tanta xente de Sofán na grada”. 

 

Otros protagonistas de la jornada

Rubén Sande (Montañeros): “No fue un buen partido por nuestra parte. Estuvimos muy espesos, sobre todo en campo rival, nos costó crear ocasiones y tomar buenas decisiones para poder generar peligro. Nos quedan cinco jornadas para no manchar el trabajo que hemos realizado todos. Queremos demostrar el equipo que hemos sido durante toda la temporada y el objetivo es quedar lo más arriba posible”.

 

Antón Cambeiro (San Tirso): “Quizá nosotros fuimos algo superiores, ya que tuvimos mas ocasiones y alguna clara, como la que fallamos en el último minuto del partido. En líneas generales diría que el empate es justo, pero si nos lo hubiésemos llevado nosotros no pasaría nada. Personalmente me encontré cómodo jugando en mi posición, sobre todo en los tramos en los que tuvimos más el balón”.

 

Damián Seijoso (Victoria): “Se notó lo que había en juego y lamentablemente no pudimos sacar nada positivo. Creo que lo justo hubiera sido un empate, ya que nosotros también dispusimos de ocasiones. Fuera de casa últimamente estamos mejor, pero a veces debemos leer mejor que si no se pude ganar, puntuar siempre es positivo, ya que en las dos últimas salidas hemos perdido en los minutos finales”.

Javi Souto: “Tivemos un acerto moi alto e Gardu estivo inmenso”

Te puede interesar